Camiño entre os cascallos e contemplo o caos que se abre ante min. O fume das fogueiras cobre o ceo e as cinzas caen coma neve sucia dificultando a respiración e entorpecendo o paso dun Jeep Willys que fai a súa rolda. Óense berros, choros e, ao lonxe, disparos.
Nas cidades que acaban de caer encontrar refuxio non é doado, e polas mañás sempre se atopa algún corpo frío, inmóbil baixo as cinzas. A comida escasea e a xente está desesperada. Aínda que a maioría das mortes son provocadas por este novo inverno, non é extraño ver alguén cunha bala na fronte, un coitelo nas costas ou unha cabeza rota. A cidade converteuse nunha loita constante polo supervivencia na que os grupos pequenos tenden a facer gardas para evitar os roubos.