Todos os que estabamos ese día eramos amigos ou, a lo menos, coñecidos, pero, embárgante, no aire flotaba unha desconfianza inexplicable, as medias palabras, as miradas que se escapan, os sorrisos a medio cerrar. A conversa tiraba das banalidades, e mentres, todos agardando no abismo a ver quen daba o primeiro paso.
Foi despois de dúas horas e un cuarto, cando, como quen non quere a cousa, alguén dixo o que todos temían escoitar
- e logo ¿ninguén foi velo?
Silencio.
Miradas.
- eu…, e que estes días
foime … foime realmente imposible, xa sabedes…, co do traballo e os nenos …
- eu quixen ir o martes, pero o final, complicóuseme todo …
- eu non son capaz.
- pero ¿que dis? ¿por que?, bueno, quero dicir, nos temos que axudarlle, el faría o mesmo por nos ¿non?
- Pero ¿Como? ¿Que carallo lle vas dicir? ¿Que o entendes?, galópolles. Eu non no entendo, que se vaia ó inferno.
- Muller ¿como dis iso?, todos sabíamos que a cousa ía acabar mal, o pobre perdeu a cabeza, podíanos pasar a calquera de nos.
Silencio.
- eu si fun a velo
- ¿que?
- Si, fun a semana pasada. Xa non é el, non te mira, está como ido, o único que fai e mirar para o retrato dos nenos e dela. E a min, revolvíaseme a alma cada vez que a miraba.
Cando xa me ía, chegou a súa irmán e díxome que volvera a tentalo ó día antes, e que por iso lle subiran a medicación.
- E el ¿non che dixo nada?
- Non fixo falta. Sei que está morto, que nunca mais o volveremos a ver. Só fun a despedirme, pero creo que cheguei tarde.
Silencio.
Aquel foi o último día que se falou del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario