Dende este humilde blog permítome pegar un extracto do libro "Pontevedra nos anos do medo" de Xosé Alvárez Castro en homenaxe os bos mestres dos cales tivemos a fortuna de herdar as inquietudes que no trascurso da nosa vida nos acompañan.
O texto versa sobre a represión no tempo da Guerra Civil Española que sufriron os mestres de Sanxenxo.
A min particularmente góstame tratar os temas históricos dende unha perpectiva o menos ideolóxica posible, cousa complicada para un tema como do que se trata.
Permítamen usar unha conversa coa miña aboa para expresar un anaco do que penso deste tema.
Según me contou, alá polos anos trinta no tempo da República na sua parroquia de orixe existían duas escolas: una para nenos e outra para nenas; non sempre podía ir a clase por aquelo de ter que axudar nas labores da terra que eran o sustento da sua familia, pero o que me sorprendeu foi cando me dixo que certo día chegaran a ir de excursión en autobús a Illa da Toxa.
Este feito fíxome pensar sobre os esteotipos que nos creamos(ou máis ben nos crean) sobre os tempos pasados, e máis sobre tempos politizados ao extremo.
A II República pudo ser unha grande oportunidade para este Estado, a pena e que cadrou nun tempo de grandes choques ideolóxicos/económicos a nivel mundial: capitalismo, fascismo/nazismo e comunismo; que fixo que España fose unha proba do que pouco despois aconteceu.
¿Culpables? como alguen dí ahora: ou todos ou ningúen. Co caldo de cultivo que existía naquela sociedade era imposible o seu éxito, cun bando republicano dividido en múltiples faccións (unhas mellores que outras) e un bando nacional cuxos poderes fácticos non estaban a deixar o poder.
Mestres de Sanxenxo
O concello de Sanxenxo non foi alleo ás iniciativas de renovación educativa que propiciou a chegada da 2ª República: Vilalonga recibiu a finais de maio de 1934 a visita das Misións Pedagóxicas, en 1932 celebráronse en Sanxenxo Conferencias Pedagóxicas e creáronse dúas bibliotecas entre 1931 e 1933.
Rodolfo Llopis, director xeral de 1ª ensinanza entre 1931 e 1933, tiña como meta
Rodolfo Llopis, director xeral de 1ª ensinanza entre 1931 e 1933, tiña como meta
crear escuelas, muchas escuelas. Sembraría a voleo. Cayeran donde cayeran, germinarían, que en todas partes habían de encontrar tierra preparada para fructificar y vivir plenamente.
Pero de nada valerían as disposicións ministeriais se non houbese mestres como Bernarda Pereira e Alfonso Rodrigo, que impartían clase nas escolas de Sanxenxo nº 2 en Padriñan. Unha mostra do seu labor resúmese na festa escolar que celebraron o 14 de xullo de 1935. A festa estaba patrocinada por unha comisión veciñal e colaboraban a sociedade agraria, a universidade de Santiago e a alcaldía.
Houbo conferencias sobre medicina (impartida polo Dr. Andrade, director do sanatorio Gil Casares), agricultura e botánica (falou Bibiano Fernández-Osorio Tafall, catedrático de agricultura no instituto de Pontevedra); non faltou o recitado de poesías en galego e castelán nin o reparto de agasallos e roupa entre o alumnado.
Pero o máis importante e que demostraba o inxente traballo do alumnado e mestres, foi a exposición de labores e traballos manuais, así como unha vitrina escolar na que se amosaban ó redor de 500 aparatos e obxectos que foran coleccionados ou construídos polos nenos e nenas destas escolas; estes materiais aparecían clasificados en distintas seccións: agricultura, xeometría, mineraloxía, aritmética, botánica, zooloxía, etc. A festa escolar estivo presidida por representantes das entidades patrocinadoras; fixeron uso da palabra, entre outros, Don Ricardo Montequi, reitor da universidade compostelá, que falou da misión social do mestre asegurando que era o título máis honroso a que podía aspirar un educador, por máis alta que fora a súa categoría. O inspector de educación D. Modesto Rodríguez Figueiredo gabou a altura pedagóxica e científica acadada por estas escolas, que podían considerarse como modelos.
O golpe militar do 20 de xullo de 1936 vai significar unha volta atrás no eido educativo e, tamén, fixo que moitos mestres e mestras foran perseguidos, expulsados ou suspendidos no seu emprego e, en moitos casos, pagaron con cárcere ou coa súa vida o seu compromiso.
José María Pemán, que tivo ao seu cargo a máxima responsabilidade da labor depuradora do profesorado, afirmaba nunha circular aos vocais das comisións depuradoras (BOE 10/12/36) o seguinte:

El carácter de la depuración que hoy se persigue no es solo punitivo, sino también preventivo. [...] Que no se volverá a tolerar ni menos a proteger y subvencionar a los envenenadores del alma popular, primeros y mayores responsables de todos los crímenes y destrucciones que sobrecogen al mundo [...] Los individuos que integran esas hordas revolucionarias, cuyos desmanes tanto espanto causan, son sencillamente los hijos espirituales de catedráticos y profesores que, a través de instituciones como la llamada “Libre de Enseñanza”, forjaron generaciones incrédulas y anárquicas.
O un de setembro de 1936, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, publícase unha relación de 396 mestres e 90 mestras da provincia aos que se suspendía de emprego e soldo. Os mestres de Sanxenxo sancionados con separación de servizo e baixa no escalafón, foron: Manuel Jorge Franco, mestre de Outeiro; José Cancela Guzmán, de Dorrón; Andrés Fraile Pampín, de Nantes; Manuel Iglesias Constenla, de Noalla; Estanislao Victor Torres Pérez, do pósito de Vilalonga; Peregrina Martínez Santos, de Rouxique;Bernarda Pereira Solla, de Sanxenxo nª2; Manuel Rey Vázquez, do pósito de Portonovo e Alfonso Rodrigo Méndez, de Sanxenxo nº2. O mestre de Portonovo Teodoro Rodríguez Franco foi sancionado con suspensión temporal de emprego e soldo.
Algúns destes mestres tamén tiveron que enfrontarse a xuízo acusados de rebelión militar, foi o caso de Andrés Fraile, Manuel Iglesias, Estanislao Torres e Manuel Jorge; as condenas foron de cadea perpetua ou trinta anos de cárcere, que serían conmutadas por outras de menos contía.
Pero houbo mestres que perderon a vida, como foi o caso de José Meis Martínez, natural de Sanxenxo e mestre de Seixo (Marín); era bibliotecario da Casa del Maestro pontevedresa, xulgado por rebelión militar e fusilado o 27 de xullo de 1937 á idade de 42 anos. O mestre organizador das actividades coas que empeza esta entrada, Alfonso Rodrigo Méndez, natural de Bande (Ourense), casado, nacido o 7 de abril de 1895, secretario da agrupación socialista de Sanxenxo e afiliado á UGT, tamén foi vítima de asasinato. Houbo testemuñas que o acusaban de ser directivo da Fronte Popular e de, seguindo ordes do delegado do gobernador civil, recrutar xente armada para ir a Pontevedra o 20 de xullo, cousa que non chegaron a realizar pois retiráronse ás súas casas cando souberon que as autoridades militares asumiran o mando tras publicar o bando de guerra.
Na causa 832/36, nun informe do xulgado municipal aparece o seguinte parágrafo:

En su escuela a los niños les hacía preguntas como la de ¿Hay Dios? Obligándoles a decir que nunca lo hubo ¿De que se hace el papel? De los hábitos de los frailes y de las monjas.
Un informe da Guardia Civil datado no 27 de setembro de 1936 non deixa dúbidas de como foi a súa morte:
al ser conducido la noche del cinco del actual, en virtud de Orden recibida al efecto, desde esta Capital a la prisión de Caldas de Reyes [...] aprovechando una parada que hizo el vehículo que los transportaba para reparar una avería, solicitó a la fuerza, se le permitiese apearse unos momentos por notar síntomas de mareo.
Continúa afirmando que fuxiu amparado pola escuridade perseguido polos gardas que fixeron varios disparos e ignorándose a dirección que tomou. Como noutros casos semellantes, estamos diante da típica aplicación da chamada “lei de fugas”.
http://anosdomedo.blogspot.com.es/2013/10/mestres-de-sanxenxo.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario