martes, 4 de agosto de 2015

ANTRAX EN GALICIA





Axentes alemáns montan unha antena radiotelegráfica no monte do Castro, en Vigo, en 1918.


España non participou oficialmente na I Guerra Mundial, pero se converteu nun dos principais campos de batalla do espionaxe na retagarda. Galicia, pola situación estratéxica dos seus portos, viviu con intensidade as operacións de intelixencia da Triple Alianza e da Triple Entente. Os axentes dedicaron grandes esforzos a abastecer os submarinos alemáns ou a informar sobre o movemento nos principais portos. Tamén, a garantir ou intentar sabotar as comunicacións, ben a través da liña telegráfica do Cable Inglés, ben cos sistemas de radiotelegrafía instalados polos alemáns por exemplo no monte do Castro, en Vigo. O que é menos sabido desta guerra soterrada é que o país estivo a piques de vivir tamén a guerra bacteriolóxica en primeira liña. Un xeito de empregar a ciencia para fins ominosos.